Se queres visualizar os vídeos, preme neste enlace
VÍDEOS CONVIVENCIA INICIO JMV
"CONECTA CON EIWA, SUMÉRGETE EN CRISTO"
O pasado sábado 13 de novembro, disfrutamos, a pesar do mal tempo que nos acompañou durante toda a xornada, dun estupendo día de convivencia no colexio San Narciso de Marín. Foi unha experiencia moi positiva: xogamos, reflexionamos, convivimos, celebramos e puxemos en marcha os proxectos solidarios dos diferentes centros que participamos na convivencia (Parroquia de Santo Tomás d'A Coruña, Santiago, Oleiros, Illa de Arousa, Bueu, Vigo, San Narciso e Inmaculada de Marín).Tras a oración e presentación do lema "Somerxidos en Cristo" comezamos a reflexión, que xiraba en torno ao Respecto, ambientada na película Avatar:
Repentinamente, un grupo de militares entrou no salón valando diferentes accesos e zonas de saída. Avisaron por megafonía de que nuns momentos abrirían as comportas dun lugar descoñecido aos ollos normais: Pandora. Os militares repartiron máscaras de emerxencia e pediron a todo o mundo que as puxera. Ninguén podería saír do salón a Pandora sen elas, mentres non tivesen o seu avatar.
A partir de aquí veu a división en grupos e o descanso para coller forzas para a nova misión, así que degustamos a xa coñecida "palmeira misioneira".
Despois do descanso, comezou o xogo, que consistía en transformarnos paulatinamente en verdadeiros avatares, superando probas e percorrendo diferentes salas: xogos, manualidades, baile, música, ecoloxía, intelectual e contacontos
Ao rematar a comida, os diferentes centros colocaron os postos de manualidades, co obxectivo de financiar os diversos proxectos solidarios.
O día culminou coa celebración da Eucaristía onde reflectimos todo o reflexionado ao longo do día.
DESCUBRIR A DEUS, SUMERXIRNOS EN CRISTO
No hay comentarios:
Publicar un comentario