lunes, 5 de octubre de 2015

CONVIVENCIA JMV INICIO CURSO 2015-16


O pasado sábado, en JMV inauguramos o curso 2015-16 da mellor maneira posible… Un día de convivencia, de encontro, de xogos, de creatividade, de oración, de diversión, de reflexión, de compartir… Vida!!! Queremos saír da nosa zona de confort para descubrir que existe un mundo cheo de posibilidades… Pero tamén un mundo que precisa de nós, da nosa ilusión, das nosas mans, do noso amor creativo… Queremos atoparnos con Xesús para aprender del, El é o noso mellor mestre. 
...POR UN AMOR CREATIVO... ATA O INFINITO!!!!




jueves, 1 de octubre de 2015

BENVIDOS



En JMV iniciamos con moita ilusión o curso 2015-16. E o noso lema, tomando as palabras e a vida de san Vicente de Paúl é “POR UN AMOR CREATIVO ATA O INFINITO”.

Comezamos un novo curso dispostos a deixarnos nas mans de Deus, escoitando a súa mensaxe e a súa palabra en todos e cada unha dos momentos que nos dispoñemos a vivir.

Esperamos que JMV sexa, este curso, espazo de momentos, vivencias e encontros onde non faltará o máis importante, a mellor ferramenta para un pintor da obra creativa de Deus: o seu AMOR.

O amor é a base de toda creación e na vida do cristián comprometido aínda máis, pois Deus nos chamanos a vivir o amor con intensidade en todos os aspectos da nosa vida cristiá. 

O amor de Deus é infinito; é unha creación constante e infinita que nos fai seres capaces de vivir en liberdade, comunidade e entrega constante ao irmán. Por iso, dende JMV, dispoñémonos a traballar "por un amor creativo até o infinito"

Estás disposto/a a deixarte modelar polo amor infinito de Deus? Estás disposto/a a ser creativ@ no amor aos demais?

Xuntos… imos intentalo!!!

Por un AMOR CREATIVO ata o infinito! 

En JMV somos CREATIVOS ata o infinito … e máis alá!!!!!