jueves, 1 de octubre de 2015

BENVIDOS



En JMV iniciamos con moita ilusión o curso 2015-16. E o noso lema, tomando as palabras e a vida de san Vicente de Paúl é “POR UN AMOR CREATIVO ATA O INFINITO”.

Comezamos un novo curso dispostos a deixarnos nas mans de Deus, escoitando a súa mensaxe e a súa palabra en todos e cada unha dos momentos que nos dispoñemos a vivir.

Esperamos que JMV sexa, este curso, espazo de momentos, vivencias e encontros onde non faltará o máis importante, a mellor ferramenta para un pintor da obra creativa de Deus: o seu AMOR.

O amor é a base de toda creación e na vida do cristián comprometido aínda máis, pois Deus nos chamanos a vivir o amor con intensidade en todos os aspectos da nosa vida cristiá. 

O amor de Deus é infinito; é unha creación constante e infinita que nos fai seres capaces de vivir en liberdade, comunidade e entrega constante ao irmán. Por iso, dende JMV, dispoñémonos a traballar "por un amor creativo até o infinito"

Estás disposto/a a deixarte modelar polo amor infinito de Deus? Estás disposto/a a ser creativ@ no amor aos demais?

Xuntos… imos intentalo!!!

Por un AMOR CREATIVO ata o infinito! 

En JMV somos CREATIVOS ata o infinito … e máis alá!!!!! 


No hay comentarios:

Publicar un comentario